http://www.adslzone.net/article6005-facebook-filtro-datos-de-millones-de-usuarios-a-empresas-privadas.html
«Accidentalmente». Así cualifican a forma na que a rede social máis importante de Internet podería estar filtrando información de millóns de usuarios a empresas privadas nada menos que desde o ano 2007.
Tags: Tecnoloxía, TIC
A raíz do Debate sobre un novo discurso lingüístico… con outra parte (máis densa) do mesmo xogo obicuo acó: Monolinguismo, bilinguismo, hegemonia: Não são só palavras.
(Isto debería ser un «Twit», pero non son un páxaro!)
Tags: Educación
Acabáramos: onde empezou a bola de neve? No convento Privatus, é dicir, na congregación CONFAPA (Confederación Católica de Federaciones de Asociaciones de Padres de Alumnos y Familias). En que medio de comunicación o publican?
A novidade [sic?] é que ao actual conselleiro lle dese por enviar un reboutallo de sentenzas a xeito de antecedentes que ilustra o perdidos que están e que fede a intención de diluír o público no privado. Bueno, de pasada tamén tiran a bola fóra do campo e tentan colocala nos tellados públicos por se lle cae un dia ao profesorado encima. Será este o respecto ao colectivo que cacarexan asociacións a favor da xudicialización da relación entre os membros da comunidade educativa?
É curioso que estes grupos, autoproclamados sindicais con moita malicia, teñen como único obxectivo figurar a xeito de contrapunto e, polo tanto, asinar todo o que lles poñen diante as súas parellas de paddle. As que xa vestían o mesmo uniforme no colexio. Os outros, para eles, saímos pola televisión e isto é un reality público que queren sodomizar. Paso previo: a privatización.
Xa se sabe que os traballadores do ensino público son os únicos que teñen unha serie de dereitos en exclusiva: dereito a escoller o centro de traballo, sempre cobran dietas se non é así; cobrar horas extras; tamén lles pagan as horas de formación ao ser sempre en horario lectivo; negociación colectiva; perpetuo incremento salarial igual ou superior ao IPC anual, etc. Todos estes dereitos son os que arruínan o sistema financeiro. Isto tamén se sabe. Quen o discute a estas alturas?
Así que, veña, a fomentar o respecto á profesión docente.
Tags: Educación




